terça-feira, maio 31, 2005

A Raza do Poeta

Talvez por ser muller non poderei deixar de ser curiosa e por iso considerei adecuado seguir inzando este retallo de ceo con curiosidades, xa que do autor que nos ocupa, como xa teño comentado non hai moita bibliografía nin no papel nin na rede.
Ao mellor resulta que a teoría non coincide coa práctica, como pasa case sempre, mais se tan importante foi para a nosa literatura, esta situación non debería cambiar?
Por isto anímovos a que na páxina de
vieiros votedes por el como un dos cinco mellores escritores en lingua galega do milenio.
Unha nunca se decata de que a rede sorprende cada día, de xeito que de repente atopamos un
blogo non sei moi ben en que idioma, en que o único que se entende é Ramón Cabanillas ou Compostela.
E xa que falo desa cidade terei que referirme ao
Centro Ramón Piñeiro, cuxa páxina podemos visitar, de xeito que atopamos nun proxecto de literatura, de edicións facsímiles de revistas galegas onde atopamos referencias a Cabanillas. Haberá que esperar a que este proxecto chegue ao seu fin para valorar os resultados. E tendo en conta que, si vos fixades, a última actualización da información que se ofrece é do 18 de decembro do 96, opino que este link é merecente de entrar dentro das curiosidades que atopo na rede, non?
Espero comentarios, xa que seguro tedes moitos no que respeita ao funcionamento de esa institución.

2 Comments:

At 9:33 da manhã, Blogger mvs said...

Moi interesante o das votacións na páxina de vieiros, lástima non ter sabido antes da iniciativa e lástima que o listado non sexa un tanto máis aberto, que hai moito/a autor/a que falta por aí...mais a cuestión verdadeiramente relevante é: o importante do asunto era ver a fotografía de Dobarro do birrete, non si? ;)
Bicos!

 
At 7:12 da tarde, Blogger surfista said...

que interesante esa tradución de cabanillas! supoño, polo que se ve na páxina, que é ao húngaro, non?

 

Publicar um comentário

<< Home