segunda-feira, abril 18, 2005

Feminino Plural

Ninguén dixo que vivir en feminino fose sinxelo, aínda que a algún llo pareza.
Por iso quero agradecer que o meu par cromosómico definitorio sexa XX (coma o Galego, sen Y), o que fai que pense, sinta e actúe doutro xeito, o que non implica ser diferente.
Este azar biolóxico que me fixo nacer muller empúrrame hoxe a berrar que a loita segue, que merecemos moito máis do que temos e que algún día conseguiremos que esa mesma natureza que nos distingue nos una en harmonía e, sobre todo, en respeito.

3 Comments:

At 11:23 da tarde, Blogger surfista said...

vaia, gústame especialmente este post, sobre todo polo link de xx, páxina que non coñecía, así que grazas tamén a ti

alédome de que esteas a escreber, en serio

 
At 9:36 da manhã, Blogger Brétema said...

ola pingueiras, eu tamén che quería agradecer que deses a coñecer a web que mencionas no teu post. Eu tamén unha lista de webs que posibelmente che parezan interesantes, pois moitas delas están feiras por montóns de cromosomas XX que están a loitar polos nosos dereitos.
aí van:
www.galicia2010.com/texto_din%C3%A1mica_social5.htm
http://www.pntic.mec.es/recursos/secundaria/transversales/instituto_mujer/diccionario/miradas_introduccion.htm
http://www.nodo50.org/mujeresred/
www.pntic.mec.es/recursos/secundaria/transversales/instituto_mujer/diccionario/introduccion.htm
http://www.redfeminista.org/forum2004.asp?idforum2004
Estas son algunhas das direccións das que teñon. Espero que vos parezan interesantes.

 
At 10:10 da manhã, Blogger mvs said...

Olá a todas! Eu non quero deixar de sumarme a engadir algún link ainda que xa vexo que o repertorio de Brétema está moi completo. Ainda así, creo que hai cousas que ainda que nos resultan máis coñecidas debemos ter en conta e promocionar igual, así que aí vos vai:
http://perso.wanadoo.es/festadapalabrasilenciada/home.htm

http://www.andainamulleres.org/

se xa as coñecedes nunca está de máis unha nova visitiña e se non, non deixedes pasar a oportunidade de velas.

 

Publicar um comentário

<< Home