quarta-feira, abril 20, 2005

Dando tumbos

O eco que resoa no meu cerebro non me deixa pensar.
A percepción do mundo esváese como a choiva cando volta a sair o sol.
Noto como as miñas ideas encollen, e até semella que o cráneo se reduce a cada minuto e non deixa circular os pensamentos.
Estancos.
E parece como se alguén petase na porta dentro da miña cabeza. Quen anda aí?
Presinto que as habitantes dos meus hemisferios están de mudanza, ou polo menos que andan a cambiar os mobles de lugar.
As novidades non son malas, só hai que deixar que pase o tempo para que se adapten ao noso ritmo. Ou á inversa.
Xa veremos que pasa.

1 Comments:

At 12:36 da manhã, Blogger mincha said...

Ola pingueiras creo que es a única a quen non saudei. Estiven na páxina XX e está moi ben. Tamén me encantou o poema que metiches a Luisa Villalta. Espero que sigamos en contacto.

 

Publicar um comentário

<< Home