sexta-feira, abril 15, 2005

CHOVE

Hoxe, máis que nunca, son consciente de que cando unha persoa tenta tirar para adiante coa súa vida pedazos da mesma van quedando atras, como se fosen fragmentos dun meteorito que se desintegra co contacto da Terra, e que non se sabe moi ben por onde van quedando estrados.
Deste xeito voume sentindo pequena, minúscula, até que me convirto no punto final dunha novela insoportábel de cincocentas páxinas, da cal ninguén coñece o final.
Tento xustificar, así, o nome deste blogo, identifícandome como unha pequena parte da inmensidade que me rodea.

3 Comments:

At 5:42 da tarde, Blogger surfista said...

benvida, que bonito comezo... grazas :)
ánimo, seguro que isto vai dar para que fagas máis cousas, e iso sempre está moi ben...

 
At 3:32 da tarde, Blogger Cesare said...

:)

 
At 9:52 da tarde, Blogger mincha said...

Ola eu concordo no comentario que fixo surfista, só que teño unha dúbida sobre quen es, a ver se mo dis.

 

Publicar um comentário

<< Home